Licores

Licor cafeRespecto aos licores, cómpre dicir que se ben a augardente de bagazo era producida dun xeito concreto e o produto final é algo definido e estandarizado; o licor de café, herbas ou calquera outro dos licores existentes na xeografía galega, son produtos de carácter familiar e polo tanto moi heteroxéneos. En cada unha das casas das aldeas con tradición vitícola faise a seguinte afirmación: “o licor que fai miñá nai-pai-avó-avoa-tía… é sen dúbida o mellor que existe”. Ao ser un produto doméstico de tan fácil produción, pois só é preciso ter a materia prima, paciencia, xa que é moi imporante que o período de maceración sexa de varios meses, as fórmulas de elaboración pasan a ser segredos familiares impenetrables transmitido de pais/nais a filla/os de maneira solemne e misteriosa.

LicoresA grandes trazos o proceso de elaboración destes licores é o seguinte: á augardente de bagazo engádeselle café, herbas, moras, cereixas.. aquilo que mais lle preste a cadaquén, azucre, a cantidade tamén segundo o gusto. En Galicia o gusto tende a convertelas en bebidas altamente azucradas. Este licor nai é macerado durante un período de varios meses. Elabóranse en grandes depósitos de aceiro inoxidable, nos que é posible controlar calquera anomalía do proceso. Son conservados nunhas condicións de hixiene óptimas, en adegas preparadas para a súa produción, metidos en pequenos frascos de vidro ou doutros materiais, pasando antes por recipientes de moi distintas capacidades. ( Revisa se era isto o que querías dicir, modifiquei cousas porque non estaba claro o sentido do texto)

Na comunidade galega pódese afirmar que o licor máis popular é “o licor de café”, que se elabora utilizando como ingredientes basegrans de café torrado previamente macerados, azucre e monda de laranxa, que se lle bota ao licor nai ( a estes poderanse engadir outros).

HierbasO licor de herbas de augardente de bagazo galego tamén se converteu nunha bebida moi demandada, a súa elaboración só difire, respecto ao café, en que o que se adiciona á augardente de bagazo é unha dilatada variedade de herbas e froitos secos do campo galego, case sempre coñecidos polas súas propiedades beneficiosas dentro da medicina popular. É moi habitual oír falar das propiedades dixestivas deste licor e o certo é que os consumidores e as consumidoras atopan neste argumento unha razón de peso para tomar unha pequena copa de licor tralo xantar.