| |
Historia
H. Paniagua é unha empresa de gran tradición familiar, fundada na segunda metade do século XIX, na pequena localidade galega de Porto Eguas, ao noroeste da provincia de Ourense por D. Pablo Paniagua García. Un lugar con importante valor estratéxico a escala de comercio local, pois enlazaba a comarca do Ribeiro, a principal comarca produtora de viño en Galicia, co Carballiño, pequena vila que nese tempo estaba en pleno proceso de desenvolvemento, xa que posuía unha actividade comercial emerxente.
En poucos anos e debido á boa acollida que tiveron os seus produtos, a empresa trasladouse ao Carballiño, lugar no que foi construída a casa-adega que serviu de lanzadeira para a actividade elaboradora da familia e, a fins do pasado século XX, inauguráronse as novas instalacións nas que agora se ubica.
En definitiva, dende as súas orixes, a direción, os recursos e o que é máis importante, a sabedoría e saber facer foron pasando de xeración en xeración até os nosos días, sendo hoxe en día unha empresa de prestixio avalada pola tradición e calidade dos seus productos.
|
|