Información Corporativa
Dende as súas orixes, a dirección, os recursos e o que é máis importante, a sabedoría e saber facer foron pasando de xeración en xeración até o noso tempo, estando hoxe avalada pola tradición e a calidade dos seus produtos. H.Paniagua cínguese ao mercado das bebidas espiritosas, desenvolvendo día a día novos produtos e formatos, sen deixar de diferenciarse debido a ese seu empeño por utilizar sempre materias primas naturais de alta calidade, mantendo os métodos de elaboración aprendidos dos devanceiros e aplicando tecnoloxías de vangarda que aseguran a homoxénea calidade e fiabilidade dos seus produtos.
|
||