Receita Queimada

Ingredientes

Para 1 L. de augardente son precisos uns 150 gr. de azucre, unhas mondas de limón, anacos de mazá ou de calquera outra froita e uns grans de café. Necesítase dispor dun recipiente no que o volume a preparar quede folgado e un longo cullerón, ámbolos dous de barro cocido para que poidan soportar as altas temperaturas aos que serán expostos durante a elaboración.

Preparación

RecetaNo recipiente vértese a augardente, o azucre e os outros ingredientes. Métese o cullerón no fondo e sácase con líquido e algo de azucre. Con coidado préndese lume nun dos bordes do cullerón e espérase a que arda alegremente todo o líquido do cullerón. Pode acontecer que, se a augardente ten pouca graduación alcohólica ou se o líquido está especialmente frío, sexa preciso quentar o cullerón ou repetir a acción en varias ocasións, pois ao gañar temperatura arde con maior facilidade.
En Cando o cullerón estea ardendo xenerosamente procederase a sumerxilo lentamente no recipiente de barro propagando a chama por toda a superficie, con precaución de que non se apague na culler.
A continuación reméxese todo o líquido, tendo coidado en remexer e recoller azucre do fondo, facilitando a súa caramelización. Nun primeiro momento arderá fortemente, é importante tentar que non se produzan salpicaduras, pois poderían ser perigosas.
Máis adiante, cando o proceso de combustión descende na súa virulencia, será o momento de recitar o esconxuro, mentres tanto remexer continuamente, levando o líquido do fondo cara a superficie, disolvendo o azucre por completo.
Cando se manteña unha pequena chama residual a un lado do recipiente será cando deberemos apagalo cun vigoroso sopro e servilo en pequenos vasos.