| |
Receta Tarta de Orujo
Ingredientes
4 xemas de ovo
100 gr. de azucre
80 ml. de leite
5 follas de xelatina
50 ml. de augardente de “orujo”/bagazo
600 ml. de nata.
fondo torta de biscoito
Preparación
En primeiro lugar móntase a nata cuns 50 gr. de azucre, a continuación ponse a xelatina a remollo cun pouco de leite para que se vaia hidratando, facilitando a súa posterior preparación. Ademais débese preparar un molde co fondo de biscoito para depositar o pastel.
O seguinte paso é poñer a lume baixo o leite, as xemas de ovo e o resto do azucre. Remexer lentamente, mantendo a mestura nunha temperatura que roce a ebulición. Cando estea perfectamente mesturado, engadiráselle a augardente de “orujo”/bagazo en primeiro lugar co fin de integrar o seu sabor na masa e reducir a sensación de alcohol ao gusto mediante a súa perfecta mestura. Seguidamente procederase a engadir as xelatinas previamente hidratadas sen deixar de remexer. Cando se considere que está ben mesturado sácase do lume.
Antes de que a mestura enfríe débeselle engadir a nata montada, pásase despois ao molde preparado co fondo de biscoito e métese no frigorífico durante unhas horas co fin de que se emulsione a mestura e adquira a textura desexada.
Pódese decorar con xarope feito con azucre moreno e unhas pingas de augardente de “orujo”/bagazo, con chocolate moído e nata montada ou trufa, (nata montada con chocolate). |
|